InicioSociedadeSegue mellorando a situación da pandemia na área de Vigo

Segue mellorando a situación da pandemia na área de Vigo

Baixan todos os indicadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Todos os indicadores covid melloran en Galicia: as infeccións activas non alcanzan as 9.500 –con 294 menos que na última xornada–, os novos contaxios continúan roldando o medio milleiro por quinto día consecutivo –498 en total– e a presión hospitalaria descende tamén, aínda que lixeiramente, con tres ingresados menos nas últimas 24 horas. A taxa de positividade baixa ata o 8,65%.

Segundo os datos feitos públicos este xoves pola Consellería de Sanidade (con información solicitada ata as 18,00 horas do mércores), nas últimas 24 horas confirmáronse na comunidade 498 contaxios novos, a maior parte deles rexistrados nas áreas sanitarias de Santiago e Lugo. Pola contra, Vigo rexistra 107 casos activos menos e queda con 2.073

PRESIÓN HOSPITALARIA

Os datos publicados por Sanidade reflicten unha tendencia incipiente á baixa na presión hospitalaria, con 274 ingresados. Así, pese ao incremento de pacientes en UCI, catro máis nas últimas 24 horas –59 en total–, no cómputo global Galicia conta con tres hospitalizados menos ao saír das plantas convencionais sete pacientes –215 en unidades covid–.

Por áreas, na área de Vigo contan con 13 pacientes en UCI –tres máis–, pero descenden os ingresados en planta, cinco menos, co que quedan con 44.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...