InicioSociedadeComeza a vacinación dos nenos entre 12 e 13 anos

Comeza a vacinación dos nenos entre 12 e 13 anos

A xunta quere que estean vacinados antes do inicio do curso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia vacinará aos nenos de entre 12 e 13 anos, con doses de Moderna, este luns 23 de agosto, tal e como ha informou o pasado venres o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Este avance no proceso débese á chegada dunha partida de vacinas de Moderna, confirmada na mañá do venres e que permitiu a citación durante a tarde dese mesmo día dos menores que cumprisen os 12 anos. Este matiz, como o propio conselleiro apuntou, é “importante”, posto que as vacinas non están autorizadas para nenos menores desa idade.

A inoculación das doses a este grupo realizarase o luns para conseguir que o período de cadencia entre dose, neste caso de catro semanas para Moderna, termine xusto antes de empezar o curso escolar.

Comesaña indicou ademais que Sanidade creará un sistema de captación para que todos aqueles nenos que “vaian cumprindo 12 anos” entren nas listas de vacinación. As citacións realizáronse por SMS ao móbil que os mozos teñan asociado ao seu cartón sanitario.

Outro punto importante do anuncio é a obrigatoriedade por parte dos menores -tamén para os da franxa de 14 a 16, cuxa vacinación xa estaba planificada– de presentar un documento de conformidade asinado polos pais ou titores legais no lugar no que lles corresponda vacinarse.

VACINADOS ANTES DO INICIO DO CURSO

Desta forma, a planificación de vacinación para a próxima semana, tal e como sinalou Comesaña, ocuparase o luns na inoculación de dose a menores de entre 12 e 13 anos, con Moderna, e mércores e xoves, a mozos de entre 14 e 16 anos, con Pfizer. Ademais, ao longo desta semana tamén está previsto administrar segundas doses aos mozos de entre 20 e 29 anos.

Tal e como sinalou Comesaña, o proceso planificouse desta forma para que, “na semana do 13 ao 19 de setembro -data de inicio do curso escolar–, todos os mozos teñan a pauta completa”. “Esta é a forma de garantir un inicio de curso aínda máis seguro”, destacou Comesaña.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...