InicioSociedadeVigo consolídase como a área con máis persoas con covid, unhas 960

Vigo consolídase como a área con máis persoas con covid, unhas 960

Dos 519 novos contaxios detectados no conxunto de Galicia, 111 corresponden a Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de covid-19 detectados nun só día en toda Galicia reducíronse ata os 519 nunha xornada na que os casos activos superaron xa os 4.500. Ademais, sobe a presión asistencial nos hospitais galegos, que contabilizan 67 persoas con covid ingresadas, oito máis que hai un día.

En concreto, de acordo cos datos publicados este domingo pola Consellería de Sanidade, actualizados ás 18,00 horas do sábado, na área de Vigo a presión hospitalaria sufriu unha repunta con outras tres persoas ingresadas, ata o total de oito. Ademais, esta área suma outros 89 casos activos e consolídase como a zona con máis persoas enfermas de covid, ata o total de 960. Dos 519 novos contaxios detectados no conxunto de Galicia, 111 corresponden a Vigo.

PCR E POSITIVIDADE

Ata a data, Galicia efectuou 2.415.188 PCR. Deste dato dedúcese que se realizaron 6.048 probas no último día, un milleiro menos que a xornada pasada. En canto á taxa de positividade das PCR en Galicia, esta continúa disparada nun 6,6% tras días de paulatino ascenso. Así, segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, ata esta semana, non superaba desde o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...