InicioSociedadeOs contaxios seguen en aumento en Vigo, cun total de 328 casos...

Os contaxios seguen en aumento en Vigo, cun total de 328 casos activos

No conxunto de Galicia, a taxa de positividade dispárase a un 5,7% e os pacientes ingresados por este coronavirus soben a 55, nove deles en UCI.

PUBLICADO O

Os novos contaxios de Covid-19 seguen disparados en Galicia no arranque do mes de xullo, con 271, polo que se manteñen por encima dos 200 por segunda xornada consecutiva; acompañado dun aumento dos casos activos a 1.994; así como da taxa de positividade, que repuntou a un 5,7%; mentres que os pacientes ingresados por este coronavirus soben lixeiramente a 55, deles nove en UCI.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves –1 de xullo–, recollidos por Europa Press, nove persoas seguen ingresadas en UCI pola Covid –-unha menos– e increméntanse a 46 as que continúan noutras unidades de hospitalización –tres máis–. Pola súa banda, 1.939 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en tres das sete –Pontevedra e O Salnés, Ourense e Vigo–; descende lixeiramente na da Coruña e Cee; e mantense nas de Lugo, Ferrol e Santiago e Barbanza. En concreto, na de Pontevedra e O Salnés seguen tres pacientes Covid en UCI e aumentan a oito os que se atopan noutras unidades –un máis–, así como na de Ourense, que continúa sen críticos e conta con seis ingresados noutras unidades –un máis–.

Tamén a área de Vigo se mantén sen pacientes Covid en UCI e rexistra dous noutras unidades –un máis–; mentres que a de Ferrol xa non ten críticos tampouco –a xornada anterior quedaba un–, pero aumentan a tres os doutras unidades –un máis–. Pola súa banda, na da Coruña e Cee alíviase lixeiramente a presión asistencial xa que, aínda que seguen tres pacientes Covid en UCI, descenden a 23 os que permanecen noutras unidades –un menos–.

E sen cambios seguen a área sanitaria de Lugo, con dous ingresados en UCI e tres noutras unidades; e a de Santiago e Barbanza, cun paciente en críticos e un noutra unidade.

CASE 2.000 CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid no conxunto de Galicia aumentan por novena xornada consecutiva e rozan os 2.000 ao situarse en 1.994, que constitúen 157 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (271) ca altas (114). Así, seguen en niveis da segunda quincena de agosto do ano pasado.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan en todas, de maneira destaca na de Pontevedra e O Salnés (+46); seguida de Vigo (+31); A Coruña e Cee (+30) e Ourense (+30); e en menor medida nas de Santiago e Barbanza (+14), Ferrol (+4) e Lugo (+2). Por tanto, mantense á cabeza a área da Coruña e Cee, con 574 casos activos; seguida da de Pontevedra e O Salnés, con 367; Vigo, con 328; Ourense, con 229; Lugo, con 224; Santiago e Barbanza, con 190; e por baixo do centenar segue a de Ferrol, con 82.

CONTAXIOS EN AUMENTO

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba, que desde o pasado xoves día 24 se manteñen por encima dos 120, repuntaron a 271 tras dispararse a xornada anterior a 258, o que supón 13 máis; despois de iniciar esta semana con 123, baixar lixeiramente a 121 o martes e aumentar a 162 o mércores.

No conxunto de Galicia foron confirmados 268 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, 11 máis que a xornada pasada, dos cales 62 se concentran na área de Pontevedra e O Salnés; 60, á da Coruña e Cee; 43, á de Ourense; 41, á de Vigo; 28, á de Lugo; 23, á de Santiago e Barbanza; e 11, á de Ferrol.

Deste xeito, os contaxiados ascenden en Galicia a 130.167, dos cales 31.309 corresponden á área da Coruña e Cee; 25.608, á de Vigo; 20.303, á de Santiago e Barbanza; 16.105, á de Ourense; 14.768, á de Pontevedra e O Salnés; 13.293, á de Lugo; e (.781, á de Ferrol.

TAXA DE POSITIVIDADE DISPARADA

Desde o inicio da pandemia Galicia realizou 2.369.890 PCR, que supoñen 4.107 probas máis que as rexistradas ata a xornada anterior e unhas 400 menos que as efectuadas o día pasado.

En canto á taxa de positividade das PCR en Galicia volveu exceder –como o pasado venres 25 de xuño– a barreira do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia, limiar que non se superou desde o 15 de febreiro, ao subir a un 5,7%; tras aumentar a un 3,9 por cento xornada anterior despois de caer a un 1,6% o mércores, e iniciar a semana nun 3,5% e descender lixeiramente a un 3,2% o martes.

ÚLTIMAS

O TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion en Stellantis, Benteler e Lear

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal...

Terremoto de magnitude 1,8 en Vilaboa

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou un terremoto de magnitude 1,8 con epicentro na localidade pontevedresa de...

O aeroporto de Peinador suspende a súa actividade este luns ara finais de mes

O aeroporto de Peinador, en Vigo, suspenderá a partir do próximo luns, día 6 de maio,...

Sindicato de Inquilinas Vigo urxe vivenda pública e regular prezos ante a “alarmante realidade” dos desafiuzamentos

O Sindicato de Inquilina Vigo-Baixo Miño urxiu este venres a regulación dos prezos de aluguer...