InicioSociedadeAumentan os contaxios e as hospitalizacións por Covid na área de Vigo

Aumentan os contaxios e as hospitalizacións por Covid na área de Vigo

Ainda que hai un paciente menos na UCI aumentaron en dous en planta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 repuntaron por encima do centenar por primeira vez nesta semana ata os 105 tras manterse por baixo desde o inicio –unha vintena máis– e os pacientes ingresados debido a este coronavirus incrementaronse en 69 –tres máis–. Pola súa banda, os casos activos cumpren 20 días en descenso continuo e sitúanse en 1.581.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, recollidos por Europa Press, na área de Vigo descenden a tres os críticos –un menos– pero aumentan a seis os doutras unidades –dous máis–.

CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19 alcanzan os 20 días de descenso continuo e redúcense a 1.581 no conxunto de Galicia, 32 menos que a xornada pasada, ao haber máis altas que contaxios. Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas de Vigo (-30) que continúa á cabeza en casos activos, con 386.

REPUNTAN OS CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 detectados por calquera tipo de proba en Galicia subiron por encima do centenar por primeira vez esta semana ao ascender a 105 –supoñen 20 máis que os 85 do día anterior–, tras iniciarse o luns con 54, aumentar a 82 o martes e reducirse a 71 este mércores.

En Galicia foron confirmados 106 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, que implican 21 máis que o día anterior, deles 16 na de Vigo.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...