InicioSociedadeA área de Vigo rexistra a maior baixada de casos activos de...

A área de Vigo rexistra a maior baixada de casos activos de Covid de Galicia

Con todo, seguen cinco pacientes na UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia arrinca a semana na que se cumprirá un mes sen estado de alarma con 54 novos contaios de Covid-19, a cifra máis baixa en meses, e con 1.734 casos activos, que encadean 16 xornadas consecutivas en descenso, mentres que os pacientes ingresados por este coronavirus descenden lixeiramente a 83, un menos.

Así se reflicte nos datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, que recolle que, por áreas sanitarias, a presión hospitalaria non experimentan cambios con respecto á xornada anterior na de Vigo seguen cinco pacientes Covid en UCI e sete noutras unidades de hospitalización.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid proseguen con tendencia descendente por décimo sexta xornada consecutiva e sitúanse en 1.734, como na segunda quincena de agosto do pasado ano, o que supón 117 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (171) que contaxios (54). Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden en todas, co maior descenso na de Vigo con 40 casos menos que, pasa agora a ter 448 contaxiados activos.

CAEN OS NOVOS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba redúcense a 58, 16 menos que a xornada anterior, a cifra máis baixa rexistrada en meses en Galicia, tras situarse, salvo un par de xornadas, toda a semana pasada por baixo do centenar.

No conxunto de Galicia foron confirmados 58 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, deles sete na de Vigo.

ÚLTIMAS

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...

Detida tras atropelar ao seu marido coa súa moto na avenida da Florida e darse á fuga

Unha muller, C.R.P.C. de Venezuela e 43 anos de idade, foi detida o pasado...

Detida en Serafín Avendaño tras saltarse unha orde de afastamento sobre a súa nai de 77 anos, trasladada ao hospital

Unha muller, R.K.A.Q. de Vigo e 44 anos de idade, foi detida na tarde...