InicioSociedadeVigo encara o novo alivio de restricións con 712 casos activos

Vigo encara o novo alivio de restricións con 712 casos activos

A área sanitaria rexistra 44 novos contaxios e un lixeiro incremento da presión hospitalaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia encara o novo alivio das restricións fronte á Covid-19 –que desde este sábado inclúen reunións de seis persoas en interior e 10 en exterior, así como aumento de aforamentos– con 2.400 casos activos –unha vintena menos– e a presión hospitalaria en descenso con 121 pacientes ingresados, tres menos.

No referido aos datos da área sanitaria de Vigo, segundo a información actualizada na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente ao descender a cinco as persoas que se atopan en UCI –unha menos–, pero aumentan a 23 as doutras unidades –dúas máis–.

Ademais, as infeccións activas descenden un total de dez en Vigo, que aínda así, se mantén á cabeza con 712 casos activos. Esta área sanitaria é a que suma un maior número de contaxios nas últimas horas. Dos 143 rexistrados no conxunto de Galicia, 44 corresponden a Vigo.

 Polo seu lado, a taxa de positividade en Galicia mantense por baixo do 2% desde o inicio desta semana ao ascender moi lixeiramente ao 1,71 por cento, despois de situarse no 1,67% a xornada pasada e nun 1,65% o día anterior, tras reducirse a un 1,26% no inicio da semana Así, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

O primeiro premio da Lotaría Nacional, dotado con 600.000 euros, cae no Porriño

O primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional celebrado este sábado, 19 de abril,...

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar...

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...