InicioSociedadeVigo inicia unha Semana Santa marcada pola repunta de contaxios de Covid

Vigo inicia unha Semana Santa marcada pola repunta de contaxios de Covid

A área sanitaria de Vigo suma 27 novos contaxios detectados por probas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes Covid hospitalizados en Galicia subiron en seis ata os 206, nun inicio de semana no marco da Semana Santa no que repuntan os novos contaxios a 133 e os casos activos ata os 2.327. Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, hai 27 persoas con Covid en UCI na Comunidade galega –unha máis– e 179 noutras unidades de hospitalización –cinco máis–. 

No caso concreto da área sanitaria de Vigo, está é, xunto con Santiago-Barbanza, onde a presión hospitalaria baixa lixeiramente, posto que aumentan a seis os pacientes Covid en UCI – un máis – pero baixan a 38 os doutras unidades – dous menos -. En canto aos casos activos deste coronavirus experimentaron un lixeiro ascenso neste inicio de semana, con 14 casos activos máis ata os 574ao haber máis contaxios que altas. Desta maneira, Vigo mantense como a segunda área máis afectada despois da área da Coruña e Cee, que está á cabeza. No relativo aos novos contaxios detectados con calquera tipo de proba repuntaron a 27 en Vigo.

Os contaxiados pola Covid-19 en Galicia ascenden a 116.749, dos cales 28.345 corresponden á área da Coruña e Cee; 22.117, á de Vigo; 18.454, á de Santiago e Barbanza; 14.825, á de Ourense; 12.733, á de Pontevedra e O Salnés; 12.028, á de Lugo; e 8.247 á de Ferrol.

TAXA DE POSITIVIDADE

Galicia levou a cabo 1.841.195 PCR ata a data da última actualización de datos, que supoñen 5.498 probas máis que as contabilizadas ata a xornada anterior –case un milleiro menos en relación ás feitas o domingo–. Pola súa banda, a taxa de positividade ascendeu ao 2,4 por cento, tras caer por baixo do 2% a xornada anterior. Con todo, Galicia mantense por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

VÍTIMAS E CURADOS

Desde o inicio da pandemia faleceron 2.334 persoas diagnosticadas de Covid-19, tras notificar Sanidade na tarde deste domingo o falecemento de dúas vítimas máis. En concreto, morreron con coronavirus dúas mulleres de 90 e 88 anos que permanecían ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) e contaban con patoloxías previas. Ata o momento curáronse da Covid-19 en Galicia 112.108 pacientes, o que implica 113 máis que as contabilizadas ata a xornada anterior.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...