InicioSucesosTraxedia en Salvaterra: morren unha muller e dous fillos nun accidente

Traxedia en Salvaterra: morren unha muller e dous fillos nun accidente

Os tres viaxaban nun vehículo que colisionou frontalmente con outro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente da P0-510 que une os concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra deixou tres persoas mortas e un ferido grave. Trátase dunha nai e os seus fillos menores de idade, unha moza de entre 16 e 17 anos e un neno de arredor de 6.

O sinistro tivo lugar na noite deste venres, sobre as 22.00 horas, cando o coche no que circulaba un home, por causas que se descoñecen, chocou frontalmente co vehículo no que ían os tres familiares. O home resultou ferido grave.

O tráxico sinistro tivo lugar no desvío da saída de San Jorge e Parderrubias, xusto antes de chegar a Salceda. Os tres falecidos son veciños de Salvaterra do Miño e o home do Porriño, segundo informan fontes de emerxencias.

Tras o sinistro os equipos de emerxencia tentaron reanimar á muller e os rapaces. Nai e filla quedaron atrapadas no vehículo, mentres que o neno foi atendido por unha enfermeira. Até alí desprazáronse Bombeiros de Baixo Miño, Garda Civil, Emerxencias 112, Policía Local de Salceda e operarios de mantemento de estradas. O viario tivo que ser cortado ao tránsito.

ÚLTIMAS

O padroado do Ifevi aproba o prego para deseñar o seu futuro plan estratéxico

O padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) aprobou este xoves por unanimidade, nunha...

Protesta pola sanción a unha traballadora que alertou dunha mala praxe nunha escola infantil

Decenas de persoas concentráronse na mañá deste xoves en Vigo tras a sanción a...

Médicos e enfermeiras alertan do colapso da Atención Primaria en Vigo: “As listas de agarda chegan aos 15 días, diga o que diga a...

Traballadores de Atención Primaria concentráronse este xoves ante o centro da saúde da rúa...

Rodman construirá tres novas patrulleiras para a Armada por 10,4 millóns

A Dirección de Xestión Económica da Xefatura de Apoio Loxístico da Armada do Ministerio...