InicioCulturaO Festival de Cans abre o prazo de envío de obras para...

O Festival de Cans abre o prazo de envío de obras para a súa XVIII edición, que contará con 9.600 euros en premios

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans abriu este xoves a convocatoria de envío de obras para o concurso do seu XVIII edición, na que se abre a sección ‘Novas Camadas’ aos directores menores de 25 anos e que este ano outorgará 9.600 euros en premios.

Esta nova edición do festival volverá celebrarse na primeira semana de setembro, despois de que a asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora, decidise aprazar esta cita, como ocorreu o ano pasado, en lugar de regresar ás tradicionais datas en marzo.

A convocatoria estará aberta ata o próximo 16 de maio nas categorías de curtametraxes de ficción, animación ou non ficción e videoclips. Todas as obras deben ser de produción galega e teñen que ser realizadas entre os anos 2020 e 2021.

En atención á boa acollida que tivo o Premio Deleite ‘Novas Camadas’, para promover directores menores de 25 anos, este ano abrirase desde o inicio a participación para esta sección do concurso –o pasado ano foi mediante invitación–. O festival tamén recibirá longametraxes e calquera obra susceptible de ser programada ou presentada nas seccións paralelas do festival. Como na edición anterior, haberá catro xurados específicos para outorgar os galardóns.

Entre todas as categorías do concurso repartiranse 9.600 euros en premios –500 euros máis que na edición anterior– e o característico Can de Pedra, realizado polo artesán Paco Candán. A organización indicou que se incrementou a dotación económica dos galardóns para ofrecer “unha axuda determinante a creadores nun momento moi complicado”.

ÚLTIMAS

Caballero anuncia que a Tribuna de Balaídos levará o nome de Iago Aspas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que a bancada de Tribuna...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...

Unha persoa resulta ferida nun choque con cinco vehículos implicados en Vigo

Una persoa resultou ferida tras verse afectada por un accidente de tráfico na cidade...