InicioVal MiñorBaionaAprazado a setembro por segunda vez o Festival de Cans

Aprazado a setembro por segunda vez o Festival de Cans

A organización comunicará as datas nos próximos días.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, decidiu que a XVIII edición desta cita aprácese, como ocorreu o ano pasado, ata a primeira semana do mes de setembro, en lugar de regresar ás tradicionais datas en marzo.

En concreto, decidiuse que a cita se celebre entre o mércores 1 e o sábado 4 de setembro para “actuar con prudencia” e ter en conta a evolución da pandemia mentres avanza o proceso de vacinación.

O pasado ano, ao redor de 3.000 persoas pasaron por Cans no mes de setembro, para participar en todas as actividades do festival, realizado con estritas medidas de seguridade e de máxima hixiene sanitaria, seguindo todas as normas de distanciamento. O festival optou tamén por vías seguras e alternativas á presenza física, como a retransmisión en streaming das principais actividades.

Ademais, incidiuse en medidas como trazar un “escudo protector” sobre as persoas maiores da aldea e diminuír tamén o número de ‘jalpóns’, xunto cunha redución do aforamento. Mesmo nestas circunstancias excepcionais, o festival discorreu “con total normalidade”, apuntan os organizadores.

Tendo en conta isto, nos próximos días, o festival comunicará as datas estipuladas para o envío de obras a concurso e os prazos marcados.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...