InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Pazo de Mos estrea sistema eléctrico tras un investimento de 25.000...

O Pazo de Mos estrea sistema eléctrico tras un investimento de 25.000 euros

Este edificio do século XVII foi visitado este sábado polo vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora de Turismo de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Pazo de Mos, situado na antiga calzada romana que unía Bracara Augusta (a actual Braga) con Tui e Santiago a través do Camiño Portugués, estrea sistema eléctrico tras un investimento de 25.000 euros achegados pola Administración autonómica. Este edificio do século XVII situado no municipio de Mos foi visitado na mañá deste sábado polo vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora de Turismo de Galicia.

A actuación desenvolvida pola Xunta neste inmoble, que serve como elemento turístico e albergue de peregrinos, encádrase no Plan Estratéxico de Turismo de Galicia 2020, que ten como obxectivo “consolidar a comunidade galega como destino competitivo”, segundo destaca a Xunta nun comunicado.

En 2020, o Pazo de Mos recibiu a certificación ‘Q de Calidade Turística’ xunto a outros elementos do patrimonio galego como a Carballeira e Xardín Botánico de Caldas de Reis, a Fortaleza de Salvaterra do Miño, parque infantil Aldea dos Grobits (O Grove) e a Rede de Miradoiros de Sober.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...