InicioSociedadeVigo aumenta a presión hospitalaria e suma 181 novos casos en plena...

Vigo aumenta a presión hospitalaria e suma 181 novos casos en plena terceira onda de Covid

No último rexistro engádense 8 novos ingresos por coronavirus nos hospitais da área viguesa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia detectou outros 1.000 novos casos de coronavirus nas últimas 24 horas, período no que a situación nos hospitais galegos empeorou substancialmente respecto da xornada previa ao sumar outros 50 hospitalizados e oito pacientes máis en UCI, co que a cifra global de ingresados con covid-19 queda ao bordo dos 600, 90 deles en UCI.

En concreto, a área sanitaria de Vigo suma 181 novos contaxios de Covid, o que implica unha subida de 33 persoas infectadas con respecto aos datos emitidos por Sanidade na xornada do xoves. Desta maneira, os casos activos sitúanse en 1.994 (+101). Vigo é a área de Galicia que rexistra os peores datos só por detrás da Coruña, que é o distrito sanitario que máis casos achega.

No referido á situación nos hospitais,  prodúcese un incremento de 8 pacientes ingresados respecto ao día anterior, o que eleva o total a 78, dos cales 22 precisan coidados intensivos (sen cambios).

TAXA DE POSITIVIDADE

Galicia volve estar en máximos en canto a taxa de positividade (Sanidade adoita reaxustar esta porcentaxe con posterioridade) e en valores similares aos rexistrados nas primeiras semanas de abril, en plena primeira onda da crise sanitaria. Deste xeito, a taxa de positividade dobra o limiar do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia, unha porcentaxe do que a media galega non baixa desde o 24 de decembro.

Este venres todas as áreas sanitarias superan con fartura esa taxa de positividade cun pico do 30,5% en Ferrol e dobres díxitos na Coruña (13,9%), Santiago (10,3%) e Pontevedra (15,3%). Só Ourense cun 7,3% de probas PCR positivas achégase a ese limiar do 5%.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...