InicioSociedadeEstes son os concellos da provincia que quedan pechados perimetralmente

Estes son os concellos da provincia que quedan pechados perimetralmente

A partir de agora, os concellos que están perimetrados farano, en todos os casos, de forma individual.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 63 concellos, máis do 64 por cento da poboación galega, terán restrinxida a súa mobilidade fóra do perímetro municipal. Isto inclúe a todos aqueles que xa estaban incorporados ao nivel máximo de restricións e a eles súmanse os municipios de Pontevedra, Vigo e Lugo, que están por baixo na incidencia marcada para ese nivel pero que, debido ao volume de persoas que teñen e circulan por eles, foron incorporados tamén aos peches. Pola súa banda, 26 recuperarán a mobilidade a partir do venres.

En rigor, todas as cidades xa tiñan límites de mobilidade e non se podía saír delas ou das súas contornas. Unha das principais novidades que decidiu a Xunta nas novas medidas, que entran en vigor o venres, é romper todos os grupos perimetrados existentes, isto é, os concellos que están perimetrados farano, en todos os casos, de forma individual. No Diario Oficial de Galicia (DOG), do venres 8 de xaneiro de 2021, figuran 35 concellos agrupados e outros 29 limitados de forma individual, un total de 64 concellos.

Desta maneira, haberá 250 concellos coas restricións xerais para hostalaría, comercio e toque de queda, entre outras medidas, pero cuxa poboación poderá moverse entre municipios. Isto implica, á súa vez, que hai municipios que aínda este mércores teñen limitacións de mobilidade pero que deixarán de telas a partir do venres. Este grupo os seguintes concellos da Provincia: Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Barro, Marín, Cangas, Soutomaior, Mos, Porriño, Gondomar e Nigrán.

Ademais, a restrición limitacións de reunións a catro persoas agora pasa a aplicarse a toda Galicia, é dicir, tamén aos municipios que a día de hoxe poden xuntar a seis persoas, inclusive non convivientes.

LIMITACIÓNS MÁXIMAS

Segundo informou este mércores o presidente da Xunta na rolda de prensa tras o comité clínico deste martes, hai 33 concellos de máis de 10.000 habitantes cunha incidencia acumulada de máis de 250 a 14 días, aos que se suman outros 27 de menos de 10.000 habitantes nos que o comité considera preciso que teñan as restricións de nivel máximo e limitada a mobilidade. A eles súmanselles as tres cidades mencionadas e os concellos, na provincia de Pontevedra, son os seguintes: A Estrada, Poio, Bueu, Moaña, Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Valga, Pontecesures, Caldas de Reis, Cuntis, Oia, O Rosal e Salvaterra de Miño.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...