InicioSociedadeVigo suma 68 novos contaxios e dous ingresos máis por Covid

Vigo suma 68 novos contaxios e dous ingresos máis por Covid

Mantense como a área máis afectada de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área de Vigo é, xunto coa de Santiago, as que máis positivos notificaron nunha nova xornada, aínda que cun certo descenso. En concreto, Vigo suma 68 novos contaxios, o que supón unha caída de 11 con respecto á xornada anterior. Desta maneira,  Vigo segue sendo a área con máis casos activos de toda Galicia, cun total de 1.246.

A taxa de positividade das PCR se manteña no 4,1%, similar á xornada anterior e inferior ao limiar que marca a Organización Mundial da Saúde para dar por controlada a pandemia.

En canto a hospitalizacións, a área de Vigo sumou dous ingresos máis, ata os 61 hospitalizados, 12 deles en coidados intensivos.

GALICIA

Galicia rexistrou 268 novos contaxios nun día, 60 menos que os notificados o domingo, tras realizar ao redor de 6.850 probas, 1.145 menos que a xornada anterior. Con todo, a presión hospitalaria creceu lixeiramente, con oito ingresados máis. Así se desprende da actualización dos datos da pandemia publicada na mañá deste luns na páxina web da Consellería de Sanidade con cifras recollidas ata as 18,00 horas do domingo.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...