InicioMedio Ambiente e PatrimonioDenuncian verquidos tóxicos dunha canteira do Porriño en espazos naturais protexidos

Denuncian verquidos tóxicos dunha canteira do Porriño en espazos naturais protexidos

Ecoloxistas en Acción asegura que estas canteiras están vertendo materia tóxica nun río próximo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Outro caso de polémica no seo da actividade mineira aprobada pola Xunta de Galicia. Desta vez, os ollos están postos sobre as explotacións de Budiño, no Porriño, de cuxas canteiras poderían a saír vertidos; afectando ao espazo Rede Natura das Gándaras de Budiño. Canto menos, así vén de denuncialo a plataforma verde Ecoloxistas en Acción ante a Fiscalía Xeral do Estado e a Fiscalía Especialista do Medio Ambiente.

As peticións de Ecoloxistas de Acción oriéntanse a que se abran “dilixencias de investigación penal por un presunto delito contra o medio ambiente”, xa que a zona presuntamente afecta ten status de Especial Conservación. Xustamente por esta protección, a organización ecoloxista tamén solicita que “se depuren as posibles responsabilidades por prevaricación omisiva”, en relación á “falta de prevención e custodia destes espazos naturais de alto valor ambiental e ecolóxico”.

As miras de Ecoloxistas en Acción están centradas na Xunta de Galicia, responsable de ter autorizado a explotación desta mina. A denuncia dos ecoloxistas pode chegar a ter percorrido xudicial se, como afirman, é certo que a Consellería de Economía concedeu autorizacións de explotación e restauración de “varias explotacións mineiras en Budiño sen a necesaria avaliación de impacto ambiental”.

Esta cuestión consistiría, de por si, unha ilegalidade; máxime se, de acordo coa plataforma, a Xunta procedeu tamén a “fragmentar” artificialmente os proxectos avaliados para “eludir a avaliación integral dos seus impactos”, unha práctica da cal a Xunta foi xa acusada en reiteradas ocasións. O problema faríase máis grave para San Caetano con estes “prexuízos de imposible ou difícil reparación” que alcanzarían ao río Louro, ao barrio Eidos-Vitureira  e ás Gándaras de Budiño, Zona de Especial Conservación este último.

CONTAMINACIÓN POR LIXIVIADOS

Segundo a plataforma, a contaminación podería ter tido lugar cos “baleirados das balsas, as lixiviacións e as escorrentías”. O perigo é que estas “puideran afectar á calidade das augas dos regos que verten no río Louro”. Por iso instan á Xunta a realizar  “non só unha Avaliación de Impacto Ambiental ordinaria, senón tamén informar sobre das Repercusións dos proxectos sobre a Rede Natura, tal e como esixe a protección ambiental reforzada da Directiva 92/43/CEE do Consello, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres”.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...