InicioSociedadeVigo é a área na que máis ascenden os contaxios: 116 nunha...

Vigo é a área na que máis ascenden os contaxios: 116 nunha soa xornada

Oito persoas faleceron por Covid en Vigo, segundo confirma o último reconto de Sanidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso por terceira xornada consecutiva en Galicia, ata situarse en 9.952, que supoñen 63 menos que este luns, e baixan tamén a 383 os novos contaxios, deles 350 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, mentres que aumentan en 425 as altas con respecto a este luns.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade na súa web con cifras ata as 18,00 horas deste luns, nos que se constata que os contaxios confirmados por PCR nas últimas 24 horas ascenden a 116 na área sanitaria de Vigo; a 66 na da Coruña; 42 na de Lugo; 41 na de Pontevedra; 34 na de Ourense; 31 na de Santiago; e 20 na de Ferrol.

Así pois, Vigo atópase este martes cun total de 2.455 persoas contaxiadas –14 menos ca no día anterior–.

En canto ás persoas con Covid falecidas, aumentaron a 1.009, tras notificar Sanidade 21 mortes na tarde deste luns en toda Galicia, oito delas na área de Vigo.

ÚLTIMAS

Rescatan a unha moza atrapada nunha discoteca de Vigo tras pechar o local

Unha moza quedou atrapada nunha discoteca de Vigo na madrugada do venres ao sábado...

Vigo reforza a súa política de aluguer con compra pública e un millón para o programa Vigo Aluga

O Concello de Vigo comprará vivendas baleiras no mercado para incorporalas ao parque público...

Incidente cun coitelo leva a un home ante a xustiza por ameazas graves a un policía

Un veciño de Vigo enfróntase a un ano e medio de prisión como presunto...

“A dedo” e sen expediente: Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de Baiona

A Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de...