InicioSucesosRescatan a un veciño do Porriño de 85 anos que camiñaba desorientado...

Rescatan a un veciño do Porriño de 85 anos que camiñaba desorientado pola autovía A-52

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local do Porriño rescatou a un veciño desta localidade, un home de 85 anos de idade, que camiñaba pola autovía A-52 e que se atopaba desorientado.

Segundo informaron fontes municipais, os feitos ocorreron ao mediodía do luns, e foi o 112 o que alertou á Policía Local de que había un home de idade avanzada circulando a pé pola autovía en dirección a Vigo, correndo un serio perigo.

Unha dotación policial localizou a este veciño camiñando á altura do punto quilométrico 306 e comprobaron que estaba desorientado, xa que padece problemas de demencia, polo que o trasladaron ao seu domicilio, onde xa o estaba buscando a súa familia.

Dáse a circunstancia de que, o pasado 5 de setembro, a Policía Local do Porriño tamén tivo que intervir na autovía, nese caso para rescatar a un veciño de 80 anos que camiñaba pola vía espido.

ÚLTIMAS

Caballero chancea con Mamdani, novo alcalde de Nova York: “O noso Nadal é mellor”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este mércores ao novo alcalde de Nova...

Xunta urxe a Caballero un acordo para “desbloquear” actuacións como a ETEA: “Non existe xustificación para o atraso”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, urxiu ao alcalde de Vigo,...

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

O BNG presenta case 200 enmendas para os orzamentos de Vigo de 2026

O BNG de Vigo presentou este mércores unha batería de 198 emendas parciais aos...