InicioVigo e contornaMosUnha gardería e oito colexios afectados por Covid en Vigo, Mos, Redondela,...

Unha gardería e oito colexios afectados por Covid en Vigo, Mos, Redondela, Nigrán, Tomiño e O Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 60 centros de ensino non universitario e 13 escolas infantís rexistran casos de coronavirus en Galicia, onde se acumulan, a data deste sábado, 96 positivos, e procedeuse a pechar 27 aulas, así como un colexio: o CPR Calasancio de Pontevedra, do que xa esta semana trascendera que tiña oito positivos no seu persoal.

Así o reflicten os datos difundidos pola Administración galega este sábado, que traslada o total de positivos, así como as aulas e centros pechados por áreas sanitarias, especificando os colexios e escolas infantís afectadas por casos de covid-19 e as localidades nas que están situadas.

No caso da área sanitaria viguesa, en total son unha gardaría (situada na propia cidade olívica), e oito centros de ensino non universitario os afectados, tres deles asentados en Vigo cidade. A gardaría é a E.I. Lacaba, cun positivo e unha aula pechada.

Os colexios de Vigo afectados son o CPR Plurilingüe Alba, cun positivo; o CPR María Auxiliadora, con dous positivos; e o CEIP Plurilingüe Lope de Vega, cun positivo.

Ademais, en Mos hai un caso e unha aula pechada no CPR Lareira; dous casos e dúas aulas pechadas no CEIP Outeiro das Penas de Redondela; un caso no CPR Estudo de Nigrán; un caso no CEIP de Sobrada, de Tomiño; e un caso no CEEPR Aceesca do Porriño.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...