InicioEconomíaSoluciónase o conflito de Maderas Iglesias con 34 baixas voluntarias

Soluciónase o conflito de Maderas Iglesias con 34 baixas voluntarias

PUBLICADO O

O loita do cadro persoal de Maderas Iglesias, empresa do Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante que se atopa nunha situación económica crítica, logrou finalmente o mantemento de 200 postos de traballo, “xa que a dirección accedeu este martes a aplicar un ERE extintivo que só afectará a 34 persoas, cando a súa pretensión inicial era despedir 150″, segundo subliñan os sindicatos.

Agora, a representación dos empregados insta á Xunta a cumprir o seu compromiso de mediar na busca investimentos que garantan a viabilidade da compañía. Dende o comité (CIG, CCOO e UGT), defenden que todas as baixas son voluntarias, polo que o conflito, polo momento, parece resolto.

O acordo produciuse este martes no marco das tensas negociacións que se celebraron baixo a mediación da Inspección de Traballo. En total tiveron lugar cinco xuntanzas dende que se presentou o ERE hai un mes, as dúas últimas baixo a supervisión da autoridade laboral.

Compromiso da Xunta

Dende o comité agardan que a Xunta “saiba aproveitar” o acordo asinado entre os traballadores e a empresa, xa que entenden que se trata dun primeiro paso para que a compañía “poida ter futuro” e siga a ser “un referente” no sector.

“A partir de agora a Administración ten que cumprir o seu compromiso de mediar na busca de investimentos que garantan a viabilidade de Maderas Iglesias e o mantemento dos 200 empregos, a maioría ocupados por mulleres”, conclúen.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...