InicioSucesosDetido un veciño do Porriño ao que se lle interviñeron 60 plantas...

Detido un veciño do Porriño ao que se lle interviñeron 60 plantas de marihuana

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil, en coordinación coa Policía Local do Porriño, detiveron a un veciño desta localidade, de 33 anos de idade, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, e ao que se lle interviñeron unhas 60 plantas de marihuana, que cultivaba na súa vivenda.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a investigación iniciouse hai uns meses, tras coñecerse que a vivenda do sospeitoso, na parroquia de Pontellas, podería ser un punto de venda de droga ‘polo miúdo’.

Tras confirmar as súas sospeitas, e interceptar a varios compradores de estupefacientes que saían dese domicilio, os axentes detiveron á persoa que residía no inmoble. No rexistro realizado, a Garda Civil descubriu unha plantación ‘indoor’ de marihuana, con 60 plantas, e dotada de sofisticados sistemas eléctricos e de ventilación, con lámpadas de calor, temporizadores e armarios de secado.

Así mesmo, interviñéronse varias bolsas con pequenas cantidades de distintas drogas, dúas armas indocumentadas de aire comprimido, dúas básculas de precisión e 200 euros en metálico.

O detido, así como o material incautado, foron postos a disposición do xulgado de instrución de garda no Porriño.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...