InicioSucesosA parella do Porriño foi ferida por un arma de fogo, e...

A parella do Porriño foi ferida por un arma de fogo, e descartan a participación de terceiros na súa morte

O matrimonio cesara a súa convivencia pero non constan denuncias previas por violencia machista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O matrimonio que apareceu morto á primeira hora da tarde deste luns no Porriño presentaba feridas por arma de fogo, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Garda Civil, que está a investigar o crime como un acto de violencia de xénero.

O Instituto Armado sinalou que se descarta a participación de terceiras persoas neste suceso, e que non constan denuncias previas por malos tratos no ámbito familiar. Aínda así, fontes do TSXG apuntaron que “todo indica que se trata dun caso de violencia machista”, e que a parella cesara a súa convivencia hai poucas semanas.

O achado dos cadáveres produciuse pouco antes das 15,00 horas, no domicilio da parella, na parroquia porriñesa de Chenlo. Segundo apuntou do CIAE 112, ás 14:50 horas un fillo da parella chamou a emerxencias para alertar de que atopara aos seus pais mortos na vivenda familiar, no lugar das Filgueiras.

O 112 Galicia informou do ocorrido á Garda Civil, que desprazou axentes até o lugar e iniciou a investigación correspondente, de momento coa hipótese principal de que se trata dun caso de violencia de xénero.

O Instituto Armado solicitou ao 112 o apoio do Grupo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias (Gipce), para dar atención psicolóxica aos familiares dos falecidos.

CONCENTRACIÓN

Por outra banda, a alcaldesa do Porriño, Eva García da Torre, desprazouse esta tarde ao lugar para transmitir as súas condolencias aos dous fillos da parella, e ao resto de familiares.

Ademais, a corporación municipal convocou unha concentración silenciosa este martes, ás 12:00 horas, fronte ao Concello, para mostrar o seu pesar por ese suceso.

Dáse a circunstancia de que, de confirmarse, sería o primeiro caso dunha muller vítima mortal por mor da violencia de xénero no que vai de ano en Galicia. O pasado ano pechouse con tres mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...