InicioCulturaO Festival de Cans prepara a súa edición máis "exclusiva" e reducida

O Festival de Cans prepara a súa edición máis “exclusiva” e reducida

Celebrarase entre o 2 e o 5 de setembro e poderase participar unicamente a través de entrada –400 diarias– ou de inscrición previa nas actividades paralelas.

PUBLICADO O

As restricións de capacidade e protocolos de seguridade marcarán este ano tamén a edición 2020 do Festival de Cans, que se celebrará entre o 2 e o 5 de setembro, e no que se poderá participar unicamente a través de entrada –400 diarias– ou de inscrición previa nas actividades paralelas.

Será unha versión reducida e máis “exclusiva” deste coñecido festival, cuxos responsables presentaron este martes en Santiago de Compostela a imaxe desta edición, desenvolvida por Nikis Galicia e que constitúe unha homenaxe a Chano Piñeiro e a súa ‘Sempre Xonxa’ no 25 aniversario do seu falecemento, así como ao clásico cinematográfico ‘ET‘.

Tras un proceso que levou “moito esforzo”, a presidenta da Asociación Cultural Arelas, Keka Losada, explicou que a prudencia e a responsabilidade serán as marcas desta XVII edición, con menos entradas e máis medidas de seguridade.

Para asistir ás actividades programadas será necesario ter entrada ou inscrición previa, dado que non haberá propostas de libre acceso.

En canto ás entradas –que poden comprarse desde o próximo día 27– serán 200 de mañá e 200 para as actividades de tarde. Sairán á venda en packs con camiseta e chapa, a prezos que van desde os 20 –as de mañá– aos 25 euros –as de tarde– e darán acceso ás proxeccións coloquios e concertos, no caso das vespertinas.

Para as actividades paralelas, como as rutas, abriranse inscricións previas con limitación de 20 participantes, polo que calquera tipo de actividade requirirá entrada ou inscrición. A maiores, explicaron os responsables do festival, habilitaranse vías de circulación, entradas e saídas diferenciadas e actividades sentados con distancia de seguridade.

INAUGURACIÓN

Será a película ‘A illa dás mentiras’, de Paula Cons, a encargada de abrir a XVII edición do Festival de Cans, nunha sesión para 120 persoas que terá lugar no Salón do Circulo Recreativo Cultural do Porriño (Pontevedra).

Este filme, que acaba de ser seleccionado para participar no Festival de Xangai, recupera a historia do vapor Santa Isabel, que, en 1921, naufragou fronte á illa de Sálvora con centos de emigrantes que se dirixían a Buenos Aires.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...