InicioSucesosDetido o traballador dunha empresa de Mos por subtraer 10 computadores e...

Detido o traballador dunha empresa de Mos por subtraer 10 computadores e un televisor

O xerente botaba en falta mercadoría dende había dous meses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un traballador dunha empresa de loxística e transporte, situada no municipio de Mos acusado de subtraer “unha importante cantidade de computadores portátiles e un televisor de plasma”, que estaban pendentes de distribución e repartición.

Segundo informou o Instituto Armado, as investigacións levadas a cabo por efectivos do Posto de Mos iniciáronse cando o xerente desta empresa situada no mesmo municipio denunciou ante a Garda Civil que durante os dous últimos meses notaba a falta de mercadoría, na súa maioría ordenadores e material audiovisual, que tiña almacenada no interior da nave pendente de repartición aos seus destinatarios.

As investigacións realizadas coa colaboración da administración da empresa levaron a comprobar que o ‘modus operandi’ pasaba por non rexistrar a entrada da mercadoría nas furgonetas de repartición antes da súa distribución, indicaron as mesmas fontes.

Desta forma, o distribuidor quedaba supostamente coa mercadoría, “coa coartada de que os paquetes subtraídos aínda figuraban depositados nas dependencias do almacén”, destacou a Benemérita.

As pescudas realizadas levaron á identificación e localización deste traballador da empresa, un veciño de Vigo de 44 anos, con antecedentes policiais, de baixa médica ao ter coñecemento da denuncia que presentara o xerente da empresa.

No momento do arresto, o detido fixo entrega voluntaria dun televisor e 10 computadores portátiles que tiña almacenados no seu domicilio.

As dilixencias instruídas foron remitidas ao xulgado de Instrución de garda do Porriño, onde deberá comparecer esta persoa cando sexa citada.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...