InicioSociedadeA Brilat desprega unidades no Porriño e desinfectará unha residencia na Cañiza

A Brilat desprega unidades no Porriño e desinfectará unha residencia na Cañiza

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Exército de Terra, a través do seu Mando Compoñente Terrestre, no ámbito da ‘Operación Balmis’, desprega este luns unidades da Brilat en misións de presenza e recoñecemento en Ourense, Pontevedra,O Porriño –en horario de mañá– e A Cañiza –pola tarde–.

A estas súmanse misións de desinfección cos equipos de descontaminación NBQ (Nuclear, Bacteriolóxico, Químico) na Residencia Santa Teresa na Cañiza.

Tamén este luns a Brilat levará a cabo misións de apoio co despregamento da estación de triaje no Hospital Universitario Central de Asturias en Oviedo (HUCA) e colaborará coa Garda Civil no control na fronteira de España con Portugal en Pontevedra, con patrullas móbiles.

Así mesmo, realizará labores de apoio á Garda Civil de control fronteirizo na fronteira de España con Portugal en Ourense, entre os fitos 1 e 350, con patrullas móbiles.

ÚLTIMAS

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...