InicioCulturaAsí imaxinaron a partir de maquetas o seu patio de recreo ideal...

Así imaxinaron a partir de maquetas o seu patio de recreo ideal estes alumnos dun colexio de Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Colexio Mestre Martínez Alonso de Mos está a levar a cabo unha interesante iniciativa que integra o desenrolo da creatividade dos nenos e a súa autonomía coa a mellora da convivencia escolar. Así, crearon diferentes maquetas nas que imaxinan o seu patio de recreo ideal, nun proxecto chamado “O patio que soñamos”.

Así, deseñaron unha proposta de modificación física dos espazos recreativos exteriores mediante a inclusión de novos elementos que mestres, alumnos/as e pais/nais de alumnos/as consideran que mellorarían a súa convivencia.

A alcaldesa de Mos visita a exposición de maquetas / Concello de Mos

Tamén realizaron enquisas nas que participou toda a comunidade escolar, extraendo das mesmas certas conclusións. A proposta valorada inclúe a colocación no patio exterior de Educación Infantil de cabanas de madeira na zona verde, unha cociña de xoguete ao aire libre, presas e balanzas, un tobogán e a creación dun recuncho da arte e doutro con tubos e area.

Por outra banda, no patio de Educación Primaria quérese colocar unha mesa de Pin-pon e crear un recuncho artístico creativo, outro de teatro, de música, de convivencia, de lectura ao aire libre e descanso, e multideporte; e instalar unha pista de xogos (na que se pintaría no chan a clásica raiola ou “mariquitilla”, etc.) e mellorar a horta xa existente.

Unha das maquetas / Concello de Mos

Todos os elementos que non quedarían fixos nos patios, que son a maioría, serían diariamente colocados e retirados directamente polos integrantes da comunidade escolar, organizando grupos para turnarse periódicamente nesta tarefa.

O Colexio Castro-Mos é un centro educativo “moi concienciado coa importancia da convivencia pacífica e no fomento da resolución de conflitos e mediación entre iguais. De feito teñen creado un grupo de alumnos-mediadores que realizan dita función cando surxen problemas entre escolares no patio, sempre baixo a supervisión de adultos docentes“, subliñan.

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, cos nenos / Concello de Mos

O pasado martes 29 de maio pola mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Educación mosense, Camilo Augusto, visitaron o olexio para contemplar in situ as maquetas, confeccionadas polo alumnado de Infantil e Primaria do Centro Educativo.

Para empezar, xa que queda pouco tempo para final de curso, os alumnos e alumnas marcáronse os obxectivos máis sinxelos de acadar, como o pintado dunha raiola ou xogo da mariquitiña no chan do patio, enviar unha carta ás familias para facer unha listaxe a modo de inventario das que poden e queren participar e colaborar no proxecto, reunir material (pintura, madeira, accesorios, mobiliario… etc.) para poder empezar a traballar canto antes unha vez se inicie o vindeiro curso, tramitar o procedemento de compra dos elementos exteriores de maior envergadura como poden ser columpios, tobogán, mesa de pinpón, etc.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...