InicioSen categorizarPor un entroido sen "bestas" sexuais en Salceda

Por un entroido sen “bestas” sexuais en Salceda

Concello e asociacións pretenden deste xeito concienciar na convivencia e no respecto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O municipio de Salceda acolle esta fin de semana a que sen dúbida é a súa festa máis representativa, a do Entroido, que leva máis de 130 anos enfrontando aos barrios de Castro Barreiro e A Feira. O que eran festas parroquiais, lévanse convertido en grandes festas que congregan a multitude de persoas chegadas de toda a bisbarra.

O Concello de Salceda, xunto coas asociacións de A Feira e Castro Barreiro, veñen de presentar a campaña “Entroideiro ou besta”, coa que queren poñer o foco de atención nas agresións sexuais e os ataques a mulleres, conscientes de que o anonimato agochado detrás dunha máscara pode carrexar situacións de risco para as mulleres. Pois non é a primeira vez que este ambiente de festa é aproveitado por suxeitos parapetados detrás dunha máscara que aproveitando as aglomeracións se dedican a cometer actos moitas veces de acoso a mulleres.

Concello e asociacións pretenden deste xeito concienciar na convivencia e no respecto, de xeito que o entroido de Salceda siga a ser coñecido por unha única loita: a dos barrios da Feira e de Castro Barreiro. Baixo o lema “o meu NON é o teu NON”, os cartaces da campaña estarán presentes polos torreiros de festas dos dous barrios, así como no camiño que os une, no que se aglutinan os desplazamentos dos centos de persoas que circulan entre ámbolos dous torreiros.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda e responsable da área de igualdade: “seguimos implantando novas medidas do plan de igualdade aprobado en novembro de 2019. O noso compromiso coa igualdade e coa liberdade das mulleres plásmase en campañas coma esta, que non serían posibles sen o compromiso das diferentes asociacións, neste caso vinculadas ao Entroido”.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...