InicioSucesosFerida unha persoa nun accidente na A-55 á altura do Porriño

Ferida unha persoa nun accidente na A-55 á altura do Porriño

A vítima foi trasladada ao hospital Povisa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa foi trasladada ao hospital como consecuencia dun accidente de circulación entre dous turismos que tivo lugar este xoves na A-55 á altura do Porriño.

Segundo detallou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, os feitos tiveron lugar ao redor das 8,43 horas na saída que conecta a autovía co Polígono Industrial das Gándaras, en concreto, en dirección Tui.

Tras ter coñecemento do ocorrido, a central de emerxencias trasladou esta información ao servizo de Urxencias do 061, os bombeiros, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e a Protección Civil.

Posteriormente, unha ambulancia de soporte vital básico foi enviada á zona, desde onde trasladou a unha persoa involucrada no suceso que resultou ferida o hospital vigués Povisa.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...