InicioSociedadeO xulgado Penal volve absolver a alcaldesa do Porriño

O xulgado Penal volve absolver a alcaldesa do Porriño

Eva García de la Torre acolle "aliviada" o fallo e pide que sirva para acabar co "ataque persoal".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Penal número 1 de Pontevedra ditou sentenza na que, por segunda vez, absolve á alcaldesa do Porriño dos delitos de falsidade documental e deslealdade no exercicio da súa actividade profesional como avogada.

Esta causa abriuse por supostas irregularidades cometidas por Eva García de la Torre (PSOE), na súa actividade como avogada, cando representaba uns veciños dunha urbanización de Tui nun preito contra unha construtora.

Estes feitos xa foron axuizados por esta mesma sala, que ditou sentenza absolutoria, pero a resolución foi recorrida e a Audiencia Provincial revogou dita sentenza e retrotraeu o procedemento de novo ao xulgado Penal, ao considerar que non se contemplou o delito de deslealdade, exposto durante a vista pola Fiscalía.

O maxistrado incide nesta segunda sentenza en que “a actitude da acusada é reprochable, pero ao non saír do ámbito privado da relación cliente-letrada e non ter acceso ao tráfico mercantil, a falsidade é inocua e a sentenza debe ser absolutoria“.

Segundo o xuíz, os denunciantes sufriron prexuízos “a consecuencia da conduta” da acusada, porque viron atrasada a execución dunha sentenza durante 22 meses, tempo durante o que desapareceron parte dos bens da executada. Con todo, en termos penais, non se constata que esa conduta sexa “absolutamente intolerable”, porque o prexuízo “carece da concreción necesaria” ao descoñecerse cales son eses bens e o valor que teñen.

“TRANQUILA E ALIVIADA”

Pola súa banda, Eva García de la Torre mostrouse, tras coñecer o novo fallo xudicial, “tranquila e aliviada”, despois duns “meses complicados” (chegou a pedir a baixa temporal do PSOE) nos que, na súa opinión, utilizouse de forma “ilexítima” un asunto profesional para tachala de “cousas incalificables”.

A rexedora do Porriño expresou a súa esperanza de que, despois desta resolución, que “deixa claro” que non cometeu “ningún feito punible”, se poña fin ao “ataque persoal” do que di ser vítima.

“Non todo vale para tentar cargarse a carreira política de alguén”, proclamou, e sinalou que espera que o seu caso “sirva de exemplo”.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...