InicioSucesosInterceptado conducindo pola autovía Tui-Vigo cun cepo inmovilizador e a roda completamente...

Interceptado conducindo pola autovía Tui-Vigo cun cepo inmovilizador e a roda completamente esnaquizada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi interceptado en Tui por conducir un vehículo que circulaba a unha velocidade moi reducida cun cepo inmovilizador na roda dereita dianteira.

Segundo trasladou nun comunicado a Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, os feitos tiveron lugar a semana pasada despois de que os efectivos fosen alertados de que un vehículo circulaba a unha baixa velocidade pola A-55 en dirección Portugal á altura de Tui. Esta situación provocara situacións de risco de colisión por alcance.

Tras o desprazamento á zona do Destacamento de Tráfico de Vilaboa, alcanzouse ao vehículo. Así, os axentes comprobaron que o automóbil, cuxa matrícula era portuguesa, circulaba cun cepo nunha roda dianteira, que se atopaba esnaquizada.

O turismo fora inmobilizado horas antes debido a que o seu condutor dera un resultado positivo nas probas de consumo de sustancias estupefacientes mentres circulaba pola N-550 á altura de Guillarei, en Tui. Por este motivo, o condutor do vehículo foi notificado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria por circular dun modo “neglixente e temerario para os demais usuarios da vía”. Finalmente, as dilixencias instruídas foron trasladadas ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Tui.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...