InicioSucesosVarios accidentes de tráfico nun tramo da A-55 no Porriño causan retencións...

Varios accidentes de tráfico nun tramo da A-55 no Porriño causan retencións cara a Vigo

Xa se restableceu a normal circulación nestas autovías.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ata catro accidentes de tráfico ocorridos á primeira hora da mañá nas autovías A-55 e A-52 provocaron retencións de varios quilómetros en dirección a Vigo, segundo confirmaron fontes do 112 Galicia e da Garda Civil de Tráfico.

Así, a Garda Civil explicou que, entre as 7,30 e as 7,50 horas rexistráronse tres choques por alcance con varios vehículos implicados nesta autovía, entre os termos municipais do Porriño e Mos, o que provocou retencións de varios quilómetros en dirección a Vigo.

Fontes do 061 confirmaron que, como consecuencias dos accidentes, trasladouse a tres persoas a centros hospitalarios. Así, un home duns 40 anos foi evacuado ao sanatorio Concheiro de Vigo; unha muller duns 30 anos foi trasladada ao Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima; e outra muller, duns 80 anos, foi evacuada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Así mesmo, sobre as 9,00 horas, segundo informou 112 Galicia, producíase outro accidente, esta vez na A-52, tamén no termo municipal do Porriño e en dirección a Vigo. Neste caso, tratouse dunha saída de vía, e o ocupante do vehículo resultou ileso.

Segundo confirmaron fontes da DXT e da Garda Civil de Tráfico xa se restableceu a normal circulación nestas autovías.

ÚLTIMAS

“Unha viaxe a Brobdingnag”, a particular cartografía da cultura viguesa en máis de 200 retratos

A Asociación Cultural Évame Oroza inaugura o vindeiro venres, 2 de outubro, ás 20.00...

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...