Arden varios turismos nun incendio nunha nave de reciclaxe no Porriño

Incendio no polígono da Granxa do Porriño/ Miguel Núñez

Catro turismos arderon por completo e outros dous resultaron parcialmente afectados o incendio declarado na madrugada deste xoves nunha nave de reciclaxe no Porriño, informaron fontes do 112 Galicia.

O incendio produciuse no exterior da nave, situada no polígono da Granxa, cara ás 2.30 horas.

Tras recibir a alerta, o centro de atención ás emerxencias de Galicia mobilizou aos bombeiros do Porriño e Vigo, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e persoal sanitario por se fose precisa a súa intervención.

Aproximadamente unha hora máis tarde os bombeiros conseguiron extinguir por completo o incendio.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here