InicioSucesosFalece un operario golpeado por unha máquina no Porriño

Falece un operario golpeado por unha máquina no Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un operario faleceu na madrugada deste martes tras ser golpeado na cabeza por unha máquina no Porriño, informaron fontes do 112 Galicia.

O accidente laboral produciuse pouco antes do seis da mañá nunha fábrica destinada á fabricación de pezas metálicas situada no polígono das Gándaras.

A pesar dos intentos de recuperación, os profesionais sanitarios desprazados ao momento nunha UVI móbil nada puideron facer por salvarlle a vida a este traballador.

Para colaborar no operativo, o 112 Galicia avisou á Policía Local e á Garda Civil.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...