InicioSociedadeO Sergas defende a súa xestión das PACs na área sanitaria de...

O Sergas defende a súa xestión das PACs na área sanitaria de Vigo

O Sergas respondeu ás protestas dos médicos e enfermeiros dos Puntos de Atención Continuada (PAC) da área sanitaria de Vigo que "está a realizar un esforzo organizativo e orzamentario", polo que nos últimos anos incrementou o persoal nalgúns PACs e "este ano está a traballar" para aumentalo naqueles que non están completos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas respondeu ás protestas dos médicos e enfermeiros dos Puntos de Atención Continuada (PAC) da área sanitaria de Vigo que “está a realizar un esforzo organizativo e orzamentario”, polo que nos últimos anos incrementou o persoal nalgúns PACs e “este ano está a traballar” para aumentalo naqueles que non están completos.

En concreto, manifestou que desde 2015 se incrementou o cadro de persoal nos PACs de Tui e O Porriño; que durante case un ano tamén se reforzou o PAC de Cangas; e que este ano se está negociando para incrementar o persoal sanitario (médicos e enfermeiras) de equipos que non están completos, como nos PACs de Redondela e A Guarda.

En canto ás denuncias do persoal polas altas cargas de traballo en quendas de entre 17 e 20 horas, o Sergas indicou que, “de media, un medico dun PAC realiza sete ou oito xornadas ao mes”, o que supón que “traballa unhas 140 horas mensuais”.

En canto ás substitucións das ausencias, que se teñen que cubrir ao 100%, manifestou que hai “imposibilidade de contratación, dado que non hai médicos nas listas de substitucións”. Por iso, indicou que ofreceu aos profesionais realizar máis horas “de forma voluntaria e retribuida” durante Semana Santa e no verán, pero en ambos os casos “foi rexeitada”.

Ante estas circunstancias, o Sergas incidiu en que está “a estudar medidas para garantir a cobertura da poboación e o goce das vacacións”.

Finalmente, sobre os residentes que finalizan este ano, dos que o persoal da PAC dixo que non se sabe “cantos se van quedar en Vigo porque non ofrecen contratos dignos”, o Sergas avanzou que fixo unha oferta aos 12 médicos de familia que rematan a especialidade e propúxolles un contrato con actividade estable todo o ano, ante o que aínda está “a esperar resposta”.

REIVINDICACIÓNS DO PERSOAL

Persoal dos Puntos de Atención Continuada da área sanitaria de Vigo concentráronse este martes ante a sede do Sergas en Vigo para denunciar a “diminución de cadro” e unhas cargas de traballo “cada vez máis grandes”, e avisar de que se lles obrigan a traballar máis horas, non garanten poder prestar “unha atención adecuada a nivel sanitario”.

O portavoz do colectivo e médico da PAC de Tui, Carlos Gabián, lembrou que en 2008 o Sergas e os traballadores chegaron a un acordo sobre as súas condicións que agora “incumpre” a Administración autonómica, polo que esixen que o respecte.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...