InicioEconomíaA área de Vigo é unha das máis dinámicas de Galicia a...

A área de Vigo é unha das máis dinámicas de Galicia a nivel inmobiliario

PUBLICADO O

- Advertisement -

Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) avisa de que as áreas urbanas da Coruña xunto a Pontevedra-Vigo aglutinan “máis do 70 por cento” das operacións de compravenda e arrendamento de vivenda, ademais de “a maioría da viabilidade económica, social e demográfica”.

Tras elas atópanse as de Santiago e Lugo, “con perspectivas positivas pero sen o pulo” das outras dúas zonas, apuntan estas inmobiliarias. Pola contra, as áreas de Ourense e Ferrol concentran a maior taxa de vivendas baleiras na Comunidade galega. Así o recolle un informe feito público este luns, Fegein identifica unha Galicia “de dúas velocidades entre o urbano e o rural”, pero tamén constata “o desequilibrio territorial entre áreas urbanas”.

En Ourense e Ferrol viven “un desequilibrio territorial que se fai crónico e case irreversible”. “cunha gran debilidade demográfica e económica que lles fai perder o tren dun futuro competitivo e atractivo inversionista”. Unha situación que achaca a “a falta de compromiso e planificación económica das diferentes administracións local, autonómica e estatal”.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...