InicioCulturaO Festival de Cans pide colaboración cidadán para facer un documental sobre...

O Festival de Cans pide colaboración cidadán para facer un documental sobre o cura que andaba en vespino

O Festival fai un chamamento a persoas que poidan ter fotografías, vídeos ou audios gravados onde apareza este histórico cura, así como a quen poida aportar testemuñas orais. A cinta levará por título, Don Ceśareo, o cura da vespino.

PUBLICADO O

- Advertisement -

 O Festival de Cans, cuxa XXI edición terá lugar do 21 ao 25 de maio nesta aldea de O Porriño, promove este ano un documental sobre o cura Cesáreo Silva Campos, que estivo destinado na aldea de cans entre principios dos anos 50 e finais dos 80 do pasado século.

“Don Cesáreo, o cura da Vespino”, será o título deste traballo documental colectivo que se desenvolverá no Proxecto Cans 303, que impulsa o Festival de Cans coordinado polo cineasta e videoartista Juanna Lodo. O obxectivo deste proxecto que comezou hai máis dunha década, é rescatar e preservar a memoria oral e documentación inédita como fotografías, vídeos, rexistros sonoros ou páxinas de xornais impresos.

Cesáreo Silva naceu en 1930 no barrio de Atín, na parroquia de Cela en Mos, e estivo destinado como cura a maior parte da súa vida, nas parroquias de Atios e Cans.  Don Cesáreo converteuse ao longo de varias décadas nunha figura imprescindible da paisaxe local. Un cura corpulento, sempre vestido de sotana, con grandes gafas de aumento e movéndose dun lado a outro cunha motocicleta Vespino de cor laranxa, do que case cada persoa pode contar unha anécdota que provoque un sorriso. Desde as sorprendentes homilías que pronunciaba nas vodas, compadecéndose da Virxe María porque decía que “non tiña lavadora”, ata enérxicas discusións, nunha época na que os curas andaban polas casas da xente na Pascua ou nas festas, e se sumaban a unhas comidas interminables. Don Cesáreo faleceu no ano 2010.

O Festival de Cans fai un chamamento para que calquera persoa que teña fotografías, vídeos de vodas, rexistros de audio ou poida aportar historias arredor do cura Cesáreo Silva, poida comunicalo ao certame nunha mensaxe a través das súas redes sociais ou a través de whatsapp no número 657062771. O resultado do traballo poderá verse publicamente na vindeira edición do Festival de Cans. 

ÚLTIMAS

O Álvaro Cunqueiro, primeiro hospital de España en administrar terapia xénica para tratar a hemofilia B

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi o primeiro de España en aplicar, este mércores, a...

Caballero celebra a aposta do Goberno por Sparc: “Xa temos luz verde para a fábrica de microchips”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores a asignación de 17,2 millóns...

Protestas en Beade despois de tres días sen auga: “Con esta calor, non ducharse é noxento”

Veciños da parroquia viguesa de Beade denunciaron a situación que viven tras estar desde...

Antiviolencia propón unha sanción de 350.000 euros ao Celta e tres meses de clausura de Balaídos

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...