InicioSociedadeO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspende o funcionamento da área...

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspende o funcionamento da área metropolitana de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de confirmar a suspensión do funcionamento da área metropolitana de Vigo e de todos os órganos que a compoñen, así como “da eficacia dos seus actos”.

A sala desestimou, por tanto, os recursos de apelación interpostos polos concellos do Porriño, Moaña, Vigo, Nigrán, Salceda de Caselas, Cangas e Gondomar contra o auto emitido o 5 de abril de 2017 polo Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Vigo. Contra o fallo cabe presentar recurso de casación.

O tribunal incide na resolución en que o “perigo inherente á non adopción da medida de suspensión” solicitada pola Xunta é que o “efecto útil” da posterior sentenza se vería “seriamente debilitado” porque a situación que pretendía evitar a demandante, é dicir, o comezo do funcionamento da área metropolitana de Vigo antes da integración efectiva do transporte urbano no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, “xa se materializou e mantívose durante todo o tempo de tramitación deste procedemento xudicial ata o ditado da sentenza”.

Os maxistrados sinalan que, se se permitise que a área metropolitana operase, consentiríase “o exercicio de competencias administrativas con transcendencia para terceiros sen a certeza da legalidade do proceso de constitución da administración que estaría a exercer esas competencias, con grave risco para os principios de seguridade xurídica e de confianza lexítima dos cidadáns na regularidade da constitución das entidades e órganos administrativos cos que se relacionan”.

“Sería dificilmente comprensible que non se tutelase polo órgano xudicial a preservación destes principios esenciais e non se suspendese preventivamente o funcionamento dunha entidade administrativa recentemente constituída cando se recorren todos os acordos da súa sesión constitutiva e cando está en cuestión mesmo a procedencia legal de que tal entidade puidese entrar en funcionamento nese momento ou mesmo na data de hoxe”, indica o TSXG.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...