InicioMedio Ambiente e PatrimonioDenuncian por maltrato animal aos cabalos un carrusel nas festas de San...

Denuncian por maltrato animal aos cabalos un carrusel nas festas de San Cosme en Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Animalista Libera vén de pedir ao Concello de Mos e aos promotores das festas de San Cosme, na parroquia de Cela, que prescindan do carrusel con ponis que se instalou a pasada semana e que segundo defenden os animalistas “supón unha actividade tremendamente lesiva para os animais”.

Os animalistas fanse eco do informe elaborado por AVATMA, unha organización estatal composta por centos de veterinarios que alerta sobre as consecuencias físicas e emocionais que leva a explotación de équidos en carruseis como o fotografado en Cela.

No documento fálase das alteracións que provocan nos équidos a contorna, sometidos ao bulicio da festividade, os horarios ou a alimentación que reciben durante a súa  “xornada laboral”, así como o resultado dunha equitación continuada de persoas, onde os animais sofren unha ancoraxe fixa que impide parte dos seus movementos naturais durante varias horas.

LIBERA! tamén sinala que un carrusel con animais vivos é “de todo menos educativo, transmitindo a idea aos nenos e nenas de que estes seres son equiparables a un xoguete, sen necesidades básicas nin comportamentos que satisfacer xerando unha imaxe irreal, máis próxima a unha atracción que a un animal”.

Neste sentido os defensores dos animais lembran que o Concello de Mos declarouse en 2016 contrario ao uso de animais en circos, tanto silvestres como domésticos, e que este tipo de actividades “pouco axudan a cumprir o contido literal da moción aprobada naquel momento”.

ÚLTIMAS

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...