InicioSociedadeFalece un home en Mos tras caer por un terraplén coa súa...

Falece un home en Mos tras caer por un terraplén coa súa cadeira de rodas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home faleceu este sábado no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse por un terraplén coa súa cadeira de rodas.

Segundo a información proporcionada polo 112-Galicia, un particular contactou despois das 12,00 horas deste sábado para pedir asistencia para un home con minusvalía que ía en cadeira de rodas e que se precipitou por un terraplén na baixada á Picota, en Tameiga.

Ata a zona mobilizáronse efectivos do GES de Mos, que tiveron que rescatar ao home, e da Policía Local, así como persoal sanitario do 061 que, a pesar dos intentos de reanimación, só puideron certificar a morte da vítima.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...