InicioSociedadeA fortuna volve sorrir ao 'X da Sorte' do Porriño, que reparte...

A fortuna volve sorrir ao ‘X da Sorte’ do Porriño, que reparte case un millón en premios maiores

Vendeu un décimo do gordo, outro do segundo premio e 62 doutros catro quintos premios

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ‘X da Sorte’ do Porriño, establecemento mixto de venda de lotaría, volveu a facer honra ao seu nome e, un ano máis, a fortuna volveulle a sorrir no Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, no que repartiu case un millón de euros en premios maiores, aos que haberá que sumar as ‘pedreas’.

Segundo explicou a Europa Press uno dos seus responsables, Benjamín Martínez, no sorteo deste ano venderon un décimo do premio gordo, o 88.088 (premiado con 400.000 euros), ademais doutro décimo do segundo premio, o 58.303 (premiado con 200.000 euros).

Por outra banda, este punto de venda repartiu ” tamén un total de 62 décimos doutro catro quintos premios (01.568, 57.421, 86.007, e 88.979). En total, en premios maiores o ‘X da Sorte’ deu 972.000 euros, pero a cifra pode dobrarse, segundo Benjamín Martínez, contando as ‘pedreas’.

Este punto mixto de venda agranda así a súa ‘lenda’ de ser o “máis afortunado” de Galicia. De feito, o pasado sábado repartiu 4 premios de lotaría e outros 4 nun sorteo do xoves.

Neste negocio familiar porriñés, no que traballan 5 persoas, deron cinco premios grandes en datas do Nadal só no últimos cinco anos, catro premios do Sorteo Extraordinario de Nadal e un do Sorteo do Neno.

Benjamín Martínez recoñeceu a súa “satisfacción” polo feito de que este negocio puxese o nome do Porriño, “un pobo de 20.00 habitantes”, entre os puntos de España que máis lotaría vende, á altura de administracións como Dona Manolita ou a Bruxa D’Or. “Isto é resultado de moito traballo, de xornadas de 15 horas de luns a domingo, sen descansar un só día”, sinalou, á vez que fixo votos para que a fortuna volva facer parada neste establecemento para o Sorteo do Neno, onde volverán repetirse as “colas quilométricas” das últimas semanas.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...