InicioPolíticaCaballero pide aos concellos da área metropolitana que "aforren auga como Vigo"

Caballero pide aos concellos da área metropolitana que “aforren auga como Vigo”

O alcalde avisa a Cangas, Moaña, Redondela, Soutomaior, Gondomar, Salceda, Nigrán, O Porriño e Mos da necesidade de seguir reducindo o consumo de auga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Abel Caballero enviou unha misiva aos alcaldes de nove municipios da área metropolitana aos que se lles abastece de auga para que activen, como xa fixo Vigo, o ‘modo aforro’ de auga e que recomenden aos seus cidadáns un consumo responsable de auga.

A carta foi enviada aos rexedores de Cangas, Moaña, Redondela, Soutomaior, Gondomar, Salceda, Nigrán, O Porriño e Mos, para urxirlles que tomen estas medidas para frear o gasto de auga e poñan en marcha iniciativas para concienciar os cidadáns das súas vilas sobre a necesidade dun consumo responsable.

“Pido que aforren o mesmo que Vigo, porque de auga non estamos mal pero non hai previsión de choivas en moitas semanas”, alertou o alcalde vigués.

Neste sentido, avisou de que se vai a medir o consumo de auga de cada concello, xa que, segundo os datos que manexa, houbo “algún concello que consumiu un 11 por cento máis de auga que o ano pasado” entre os meses de xaneiro e agosto.

Con todo, en conxunto os municipios da área conseguiron reducir un dous por cento o consumo de auga, aínda que en Vigo o aforro ascendeu ao 4,5 por cento.

Nesta liña, Caballero volveu incidir na necesidade do transvasamento de emerxencia, pero o proxecto, lembrou, “atopouse coa feroz oposición que Feijóo fai a todo o que ten que ver con Vigo”. “Feijóo quere que quedemos sen auga”, sentenciou.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...