InicioEconomíaA loita dos traballadores de Maderas Iglesias entra na súa terceira semana

A loita dos traballadores de Maderas Iglesias entra na súa terceira semana

PUBLICADO O

- Advertisement -

A folga indefinida en Maderas Iglesias, que este martes cumpriu 15 días, continuará ao non aceptar o cadro de persoal os compromisos adquiridos esta mañá pola patronal coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. A proposta, que contemplaba un calendario de pagamentos dos salarios adebedados e dos atrasos, requiría a suspensión dunha folga que se prolongará debido á desconfianza xerada tras anos de incumprimentos.

A unanimidade coa que as traballadoras da empresa de fabricación de tarima flotante con sede no Porriño entra na terceira semana desafiando as novas promesas efectuadas pola direcció.  Así pois, e a pesar da mediación efectuada na mañá deste martes polo Consello Galego de Relacións Laborais, que resultou nunha listaxe de compromisos que incluía un calendario de pagamentos das nóminas adebedadas, o persoal expresou a súa negativa a depor a loita na asemblea celebrada ás 19 horas no velódromo do Porriño.

Lembran, como exemplo recente, o incumprimento das condicións pactadas tras o ERE de xuño deste ano – que lograron reverter de 150 a 34 ceses- pero cuxas indemnizacións aínda non foron abonadas. Tamén o calvario vivido tras oito anos de conxelación salarial, así como a demora continua e incumprimentos no pago de nóminas, das que a día de hoxe seguen pendentes a de agosto e a extra de xullo do ano vixente.

Piden, ademais, o respecto da Xunta á decisión tomada pola asemblea de traballadores, reivindicando que a administración se implique de xeito pleno na consecución de investidores de cara a lograr un futuro para a empresa. O persoal manifestarase este mércores 12 de setembro, ás 11 horas, desde os arredores da praza dos cabalos de Vigo até o edificio da Xunta de Galiza, reafirmando a vixencia dos motivos que os levaron á folga.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...