InicioEconomíaA Xunta declarará proxecto singular a iniciativa para implantar unha empresa de...

A Xunta declarará proxecto singular a iniciativa para implantar unha empresa de reciclaxe de baterías de litio en Mos

En concreto, adxudicarase no polígono de Mos unha parcela de 4.229 metros cadrados

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta comunicou que declarará proxecto empresarial singular a iniciativa para implantar no polígono industrial de Mos unha empresa de reciclaxe de baterías de litio. Segundo trasladou a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda nunha nota de prensa, así se acordou esta semana, durante a reunión do Consello de Administración da empresa pública Xestur, na que se tivo en conta a vinculación do proxecto co sector do automóbil, de gran relevancia neste parque empresarial pontevedrés.

Nesta liña, explicou que con esta declaración facilitarase a instalación dunha iniciativa dedicada á valorización de baterías de ións de litio da industria de automoción e á reciclaxe e economía circular dos residuos plásticos termo estables.

En concreto, adxudicarase no polígono de Mos unha parcela de 4.229 metros cadrados en réxime de dereito de superficie, unha modalidade vantaxosa que lle permitirá á empresa ocupar os terreos a cambio do pago dun canon anual moi reducido e con opción de compra. De feito, o prezo de venda da parcela supera os 685.000 euros e o canon a pagar pola empresa no primeiro ano será de 10.276,47 euros.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...