InicioSociedadeOs primeiros habitantes de Galicia residían nas Gándaras de Budiño hai 310.000...

Os primeiros habitantes de Galicia residían nas Gándaras de Budiño hai 310.000 anos, segundo un estudo

As Gándaras de Budiño foi o primeiro enclave da época paleolítica en ser identificado e escarbado en Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os primeiros poboadores de Galicia viviron no xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño, no Porriño, fai uns 310.000 anos, segundo un estudo presentado este mércores polo arqueólogo da Universidade de Vigo Eduardo Méndez e polo alcalde, Alejandro Lorenzo.

Así, os resultados da datación confirman a antigüidade do xacemento, con 310.000 anos os niveis máis antigos, sendo desta maneira o punto con presenza humana máis antigo da Comunidade.

A investigación foi realizada polo equipo liderado por Eduardo Méndez Quintas e Manuel Santonja, do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana. As Gándaras de Budiño foi o primeiro enclave da época paleolítica en ser identificado e escarbado en Galicia. Inicialmente datábase nuns 25.000-15.000 anos de antigüidade.

“Isto levou a unha idea de que no noroeste da Península Ibérica existía un Paleolítico atípico e anacrónico con respecto ao que ocorría no resto do suroeste de Europa”, explicou Méndez Quintas, o cal, ao seu xuízo, “supuña un argumento para defender a idea do atraso secular de Galicia”.

De aí a relevancia da investigación, que resolve estes erros na cronoloxía e desmenten esta falsa crenza, segundo reivindica nun comunicado o Concello do Porriño. “Os resultados deste estudo son de vital importancia a nivel nacional e internacional, xa que non só cambian o coñecemento que temos sobre a historia do Porriño, senón que reescriben a Prehistoria de Galicia”, apuntou o rexedor.

Os traballos desenvolvidos na última campaña constituíron na realización dunha escavación nunha área de 30 metros cadrados, que complementaban á campaña de sondaxes arqueolóxicas desenvolvidas durante 2018.

Estes labores permitiron obter “valiosa información” sobre as condicións de formación dos depósitos xeolóxicos e, sobre todo, das densas acumulacións de ferramentas líticas que se atopan no lugar.

Os resultados confirman o que os arqueólogos sospeitaban, os niveis máis antigos do xacemento teñen máis de 310.000 anos de antigüidade. Pola súa banda, os niveis máis recentes teñen entre 25.000 e 55.000 anos.

“Podemos dicir que as Gándaras de Budiño teñen o xacemento con presenza humana máis antigo de Galicia”, engadiu Méndez, polo que os resultados da investigación serán publicados nunha revista científica.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...