InicioSucesosUn operario perde unha man mentres manipulaba unha máquina nunha planta de...

Un operario perde unha man mentres manipulaba unha máquina nunha planta de tratamento de residuos do Porriño

O ferido foi evacuado de maneira urxente ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, xunto coa parte do corpo que foi seccionada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un operario perdeu unha man mentres manipulaba unha máquina nunha planta de tratamento de residuos situada no municipio pontevedrés do Porriño. O home pertence a unha empresa externa á planta e realizaba labores de limpeza.

O 112-Galicia recibiu o aviso este mediodía, cando o persoal sanitario do 061 requiriu a participación de efectivos de salvamento e rescate para recuperar a man amputada do interior da máquina.

Así, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Baixo Miño, que enseguida acudiron ao Polígono das Gándaras, onde se atopa a planta de tratamento de residuos e solucións ambientais na que se produciu este accidente laboral.

En canto conseguiron sacar o membro, o ferido foi evacuado de maneira urxente ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, xunto coa parte do corpo que foi seccionada cando utilizaba a máquina.

Ademais, tamén participaron no operativo axentes da Policía Local e da Garda Civil, e prestaron a súa colaboración os voluntarios de Protección Civil da localidade. Convén destacar que, a pesar de que o accidente tivo lugar na planta de tratamento, a persoa estaría a realizar traballos de limpeza, pois pertence a unha empresa externa vinculada a este sector.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...

Grandes colas na entrada e saída de Vigo tras varios accidentes

Varios accidentes de tráfico á primeira hora da mañá na AP-9V en sentido saída...