InicioEconomíaA eurorrexión do Miño participará nun encontro sobre gobernanza transfronteiriza

A eurorrexión do Miño participará nun encontro sobre gobernanza transfronteiriza

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Rio Minho) foi escollido pola Comisión Europea (CE) e a Organización para a Cooperación e o Desenvolvimiento Económico (OCDE) como unha das cinco rexións europeas que participarán nun proxecto piloto que pretende mellorar a gobernación nos espazos transfonterizos e aumentar a calidade de vida da cidadanía.

O proxecto ‘Construír rexións transfronteirizas máis resilientes’ porase en marcha despois dunha reunión presencial que se celebrará o vindeiro mércores en Bruxelas e terá unha duración de 15 meses.

Durante este tempo, a iniciativa terá como obxectivo prioritario axudar ás rexións transfronteirizas escollidas a mellorar a gobernación a través do desenvolvemento conxunto de iniciativas de cooperación entre as administracións das zonas involucradas.

En particular, este proxecto analizará a posibilidade da creación conxunta e a implementación de políticas públicas, por exemplo a política fiscal transfronteiriza, así como de acordos en materia de atención médica, transporte e educación para “mellorar a calidade de vida dos cidadáns”.

Os países que participarán nesta iniciativa coas súas respectivas zonas transfronteirizas son: Bélxica e Francia, pola Eurometropolis Lille-Kortrijk-Tournai; Francia e Luxemburgo, a través do GECT Alzette Belval & Pôle Métropolitain Frontalier du Nord Lorrain; Lituania e Polonia, a través da Eurorrexión Niemen; e Andorra, Francia e España a través da Comunidade de Traballo dos Pireneos; e España e Portugal, co AECT Rio Minho.

UXÍO BENÍTEZ REPRESENTARÁ A PONTEVEDRA EN BRUXELAS

Este mércores celebrarase un encontro entre todos as administracións correspondentes que servirá como inauguración para o proxecto. Este evento contará coa presenza do deputado de Mobilidade Alternativa e Espazos Públicos e Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez, como un dos representantes do ‘AECT Rio Minho’.

Segundo a Deputación, este encontro ten como principal obxectivo “familiarizar” ás rexións piloto cos diferentes compoñentes da iniciativa e tentear as ferramentas que se desenvolverán para apoiar a “gobernación multinivel transfronteiriza”.

Desta forma, os representantes destas rexións poderán intercambiar ideas e puntos de vista sobre “como se pode fortalezer o investimento e a prestación pública dos servizos transfronteirizos”. A Deputación tamén espera que a reunión “brinde claridade sobre a participación esperada” do resto de rexións piloto e do OCDE na implementación do proxecto.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...