InicioEconomíaA UVigo suspende un proceso selectivo de técnico de normalización lingüística ante...

A UVigo suspende un proceso selectivo de técnico de normalización lingüística ante a demanda de participantes

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) suspendeu a tramitación do proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo, grupo I, na categoría de técnico superior en normalización lingüística polo sistema de promoción interna e de acceso libre ante a demanda de participantes.

Tal como publica este luns o Diario Oficial de Galicia (DOG), o centro educativo paralizou este proceso en cumprimento dun auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo.

Foi en decembro de 2021 cando se fixo pública a convocatoria, mentres que en marzo de 2022 foi modificada. Con todo, o pasado mes de outubro o Xulgado ditou sentenza baseada na demanda interposta por recorrentes, mediante a cal anulaba e revogaba a resolución da UVigo.

A pesar diso, cabía interpor recurso de apelación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que foi interposto pola universidade. Por iso, “quedan paralizados vos trámites da convocatoria do proceso selectivo en cuestión, mentres non resolve o recurso de apelación”.

En concreto, esta situación deuse no medio do proceso selectivo, cando se celebrou xa algunha das probas. Agora queda paralizado ata que o tribunal resolva.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...