InicioEconomíaA Plisan terá garantizada a supervisión da calidade da auga na súa...

A Plisan terá garantizada a supervisión da calidade da auga na súa contorna durante dous anos

A Xunta licitou este venres o contrato para o servizo de explotación, conservación e mantemento dos servizos xerais relacionados coa auga na plataforma loxística e industrial de Salvaterra-As Neves.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta licitou este venres o contrato para o servizo de explotación, conservación e mantemento dos servizos xerais relacionados coa auga na plataforma loxística e industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan) por un importe de 1.496.614,27 euros, IVE incluído.

Segundo trasladou a Xunta, o contrato consiste na explotación e xestión integral dos servizos xerais relacionados coa auga na Plisan, incluíndo todos os aspectos organizativos, técnicos, administrativos e de xestión que se indican no prego de licitación, entre os que se atopan o mantemento, conservación, vixiancia, control, reparación e reposición das infraestruturas xerais de suministración de auga potable e evacuación e tratamento de augas residuais.

Así mesmo, destacou que a empresa adxudicataria tamén se encargará da vixilancia e control da calidade da auga, tanto no caso do abastecemento como das augas residuais.

Do mesmo xeito, controlará os volumes da auga vertida ás redes por parte dos usuarios da Plisan, vixiando o cumprimento da normativa en materia de verteduras. Tamén controlará os volumes de auga de abastecemento captada, tratada e distribuída, “procurando o mellor aproveitamento dos recursos hidráulicos evitando e reparando as posibles fugas que se presenten”.

A administración autonómica detallou que o contrato inclúe tamén a xestión da estación de tratamento de auga potable (ETAP) e da depuradora de augas residuais (EDAR).

Con esta licitación, engadiu, garantirase que as parcelas da Plisan dispoñan da suministración de auga e dos servizos de evacuación e depuración de augas residuais durante os dous anos da súa duración.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...