InicioEconomíaA US Navy e a OTAN interesadas por un dron que se...

A US Navy e a OTAN interesadas por un dron que se fai en Nigrán

Marine Instruments acaba de recibir o Premio Nacional de Innovación 2022 do Ministerio de ciencia e Innovación. O UAV M5D-Airfox era orixinalmente unha aeronave non tripulada para o control de bancos de peixes.

PUBLICADO O

A Armada Española pechou con Marine Instruments, empresa galega líder no desenvolvemento e fabricación de tecnoloxía marítima, a compra de tres sistemas UAV M5D-Airfox. Esta adquisición, valorada en 1 millón de euros, supón un importante chanzo para unha empresa de Nigrán que comezou con tecnoloxía para o mundo da pesca e, en poucos meses, está sendo moi demandada pola industria militar, incluída a dos EE.UU. 

Estes tres sistemas (cada un composto por unha aeronave, un radioenlace e unha estación de control embarcada) estarán especificamente ao servizo da Fuerza de Medidas contra Minas (MCM), para vixiar o mar e a costa. De feito, a Armada Española non dispuña até o momento de ferramentas propias de apoio aéreo para proporcionar unha zona libre de tránsito e posterior desembarco, de aí o seu interese por este tipo de solucións tecnolóxicas baseadas en aeronaves non tripuladas.  

Esta operación vai precedida doutras nas que marine Instruments tamén colaborou coa OTAN e a US Navy nun contexto marcado pola guerra de Ucraína e a militarización que está tendo lugar en boa parte do mundo.  O M5D-Airfox permite asumir con eficacia operacións militares de vixilancia, seguimento e detección de brancos e obxectivos.

PERO, COMO É ESTE DRON?

O M5D-Airfox é unha aeronave non tripulada propulsada por enerxía solar, deseñada especificamente para o seu uso desde plataformas navais e para operar desde o mar.  Pesa só 4 kg, unha envergadura de 2,5 metros, unha autonomía de até 10 horas e un alcance de 18 millas náuticas. Entre as súas características tamén se inclúen unha velocidade máxima de até 45 nós e unha cámara de vídeo Full HD.

Orinixalmente este sistema foi pensado para a industria civil pero tras o acontecido en Ucraína, o seu uso está sendo principalmente militar, polo que a empresa estase adaptando tamén a este novo escenario. De feito, no ámbito civil, Marine Instruments asinou un contrato de vixilancia costeira de dous anos co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para a detección de pesca ilegal. 

PREMIO

A empresa xa recibiu o pasado setembro o Premio Nacional de Innovación 2022 do Ministerio de ciencia e Innovación por ser “un claro exemplo de empresa innovadora que, a través do desenvolvemento de tecnoloxías baseadas no coñecemento, pode transformar profundamente sectores tradicionais como o pesqueiro”.

Dotado con 50.000 euros, o galardón recoñece a Marine Instruments por contribuír significativamente ao incremento do “prestixio” español ao erixirse como “líder indiscutible na comercialización de aboias para a pesca do atún”. Entre os seus méritos; desenvolver aboias satelitales con intelixencia artificial que lles din aos patróns cando, onde, que e canto poden pescar e drones deseñados para identificar bancos de peces e aves na pesca de atún que se usan tamén en vixilancia e seguridade.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...