InicioSociedadeVigo, nomeada capital pesqueira da UE

Vigo, nomeada capital pesqueira da UE

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, acudiu este xoves á cidade olívica para participar na celebración da primeira reunión da Mesa da Ciencia Pesqueira, un grupo de traballo permanente e consultivo para o debate das políticas que devandito sector precisa

PUBLICADO O

- Advertisement -

ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, erixiu a Vigo como “a capital pesqueira da Unión Europea” tras a celebración na cidade olívica da primeira reunión da Mesa da Ciencia Pesqueira, un grupo de traballo permanente e consultivo para o debate das políticas que devandito sector necesita.

Ante os medios de comunicación, Planas subliñou que Vigo é un “bo lugar” para levar a cabo dita mesa, debido á importancia do sector na urbe. Ademais, lembrou que o próximo verán a cidade acollerá o Consello Informal de Pesca da Unión Europea.

O titular de Pesca puxo en valor o traballo de investigación que fan os diferentes organismos españois, que asesoran e dirixen a actividade pesqueira desde un punto de vista científico. “Pero hai que dar un paso máis aló”, reivindicou, tratando de conseguir unha “perspectiva estratéxica” que permita dirixir os esforzos de investigación para “transformar o sector”.

“Non se pode facer a pesca do século XXI cos barcos do século XX. Temos que facer un traballo de investigación, desenvolvemento, innovación e investimento”, destacou Planas, quen asegurou que exporá ante a Unión Europea a importancia de destinar fondos europeos para a renovación da frota pesqueira.

O ministro puxo en valor o traballo levado a cabo polo Goberno, con accións como a subvención de 20 céntimos por litro do combustible pesqueiro, ou as axudas directas a máis de 6.700 armadores españois cun total de 17 millóns de euros, dos cales 8,3 millóns foron destinados a máis de 3.500 empresas galegas.

Na mesma liña falou a ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, quen tamén estivo presente na inauguración da Mesa en Vigo. Para ela, a ciencia é unha aliada dos sectores produtivos e da sociedade.

Por iso, destacou que o Goberno pretende impulsar políticas públicas en base ao coñecemento científico, asegurando que, a pesares de que xa é algo que leva a cabo o Executivo, a Mesa da Ciencia Pesqueira é un “piloto” que servirá como primeira experiencia de sentar a falar xuntos a ciencia e o sector.

ORPAGU

Posteriormente, Luís Planas trasladouse á localidade pontevedresa de Tui para visitar as novas instalacións da Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu), á cal cualificou de “exemplar” por ser unha das “máis significativas” de España que conta cuns 75 barcos, adicados basicamente á captura do peixe espada.

O ministro lembrou que as novas instalacións, que serán utilizadas para almacenamento e refrixeración de mercadoría, supuxeron un investimento duns 8 millóns de euros, dos cales 5,4 millóns procederon de fondos europeos e 1,8 millóns foron achegados polo Ministerio que dirixe.

Planas destacou ás organizacións de produtores de pesca como “modelo de éxito”, ao ser “un dos mellores instrumentos dos que dispón a Política Pesqueira Común para desenvolver a actividade”.

ÚLTIMAS

A Terra terá unha “segunda lúa” durante dous meses

A finais de setembro de 2024, a Terra contará cunha “segunda lúa” temporalmente. Trátase...

SOS Sanidade Pública esixe “responsabilidades políticas” e que se rescate para o público a concesión do Cunqueiro

A Plataforma SOS Sanidade Pública da área de Vigo esixiu "responsabilidades políticas" aos culpables...

O mar como laboratorio: Galicia e Cantábrico no foco da investigación pesqueira

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Instituto Español de Oceanografía (IEO)...

As fortes choivas poden provocar deslizamentos de terras nas zonas afectadas polos lumes

Portugal e Galicia ollan con esperanza e medo a chegada das choivas dos próximos...